Enviado a la página web de Redes Cristianas

Vistas as recomendacións que dende medios oficiais se están dando sobre as reunións de grupos de persoas, a Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria decide adiar o acto reivindicativo “Alcemos a voz” convocado para o sábado 14 de marzo na Praza da Quintana.
En canto remita esta situacion de emerxencia sanitaria, volverémolo convocar e celebraremos a Revolta das Mulleres na Igrexa.
Sentimos ter que tomar esta decisión e agradecemos o apoio e a difusión que todas fixechedes do mesmo. Estamos cheas de ledicia pola boa acollida que tivo e nos comprometemos a celebralo en canto sexa posible.
Asina:
Asociación Mulleres Cristiás Galegas · Exeria

   
© 2012 Redes Cristianas Suffusion theme by Sayontan Sinha